Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Perigo inmediato

Mércores 22 Febreiro, 2006
Perigo inmediato no Concello de Narón

A acera construida SOBRE este camiño público nunha curva, con cambio de rasante incluido, supón un PERIGO INMEDIATO debido o feito de que se nos fai pasar sobre o borde dun arribón de máis de 4 metros que está desmoronándose.

Obras denunciadas que non se paralizaron

Mércores 22 Febreiro, 2006
Obras denunciadas nunca paralizadas polo Concello de Narón

A pesar de estar denunciadas en tempo e forma, DISCIPLINA URBANÍSTICA do Concello de Narón, non paralizou ningunha obra, nin concretou ningún expediente en varios anos, ata que se personaron avogados no concello en contra dos mesmos feitos.

Plano do catastro de 1950

Mércores 22 Febreiro, 2006

Catastro de 1950 do Concello de Narón

Fotocopia, (proporcionada polo Concello de Narón), da fotografía catastral de 1950, onde consta como camiño Real e a zona de obras como baldío público. Non hai constancia de que nunca pasara a mans privadas. Nesta zona non houbo parcelaria, nen foi nunca modificado o camiño por ningún plan do concello.

Foto aérea do Vilar en 1999

Mércores 22 Febreiro, 2006
Foto aérea de O Vilar

Pódese comprobar que nese intre a zona en cuestión non estaba ocupada por ninguén. O camiño estaba libre e se circulaba por el sen ningún problema. Nunca houbo ningún dano en ningún dos vehículos que circulaban. Curiosamente, non era propiedade dos actuais ocupantes.

Declaración de intencións

Luns 20 Febreiro, 2006

Benvid@ á Bitácora, nesta sección iremos incluindo en artigos documentos e novas, que xustifican legalmente as nosas reivindicacións da devolución do STATUS QUO. Seguiremos loitando ata acadar o que tratamos dende o principio: que as autoridades competentes impidan como é a súa obriga e potestade a ocupación que se está a facer dunha propiedade pública para uso privativo en contra do dereito de toda a comunidade.

Follas do concello de Narón