Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

O rural do Concello de Narón ponse en pé na nosa Terra Galega

Mércores 28 Marzo, 2007
Concello de Naron - Manifestación polo alcantarillado

O pasado día 25 de marzo, tivo lugar no concello de Narón unha grande mobilización dos veciños en contra da actuación DESPÓTICA deste alcalde que temos que padecer.

Tendo en conta que moitos dos participantes na mesma era a primeira vez na súa vida que asistían a unha manifestación.

O que quedou claro e o DESPOTISMO e PREPOTENCIA do ALCALDE en contra da zona rural de Narón como así o manifesta a desproporción que hai na TAXA que se quere IMPOÑER ós veciños que non ten nada que ver e case que triplica a máis alta IMPOSTA en tódolos concellos da BISBARRA. Ó mellor, se confunde de CAZO e pensa que o CAZO que levan as escavadoras que fan o alcantarillado, ten que sacar cartos da terra como din as malas linguas que sacan outros CAZOS.

Neste concello e mentres dure o actual equipo que o goberna, na ZONA RURAL de NARÓN estaremos condenados a padecer ARBITRARIEDADES pois xa lle temos escoitado frases ó alcalde como “teñen moito capital”, “compraron barato” ou “ben poden pagar” etc.. Como nun intento íntimo de apropiarse do que nos pertence, para poder especular a pracer coas nosas propiedades ENVEXANDO TODO O QUE NON LLE PERTENCE A ÉL EXCLUSIVAMENTE.

Só lle interesan os “GRANDES NEGOCIOS” e dilucidar có concello de Ferrol “a ver quen a ten máis grande” empeñando os impostos de TODOS nunha liorta persoal: competindo en CONSTRUCCIÓNS FARAÓNICAS que poidan ser inauguradas “OPORTUNAMENTE” POR EXEMPLO NAS ELECCIÓNS.

Mentres no resto do concello temos que transitar por CAMIÑOS SEN ASFALTAR, SEN ALUMEADO NOS MESMOS, SEN ALCANTARILLADO, LEVANDO O LIXO NO LOMBO CASE QUE A OUTROS CONCELLOS, SOPORTANDO EMPRESAS CONTAMINANTES QUE NOS ROUBAN A VIDA ...........

O Vilar Punto Negro desta Terra Galega no Concello de Narón

Mércores 29 Novembro, 2006

Máis de 30 accidentes acreditados

Dende fai máis de un lustro, os veciños do Vilar e outros usuarios da vía, vimos denunciando o atropelo de que somos obxecto por parte de toda a liña de “autoridades” do Concello de Narón dende a Policía Local pasando por tódolos seus mandos, o concelleiro responsable da seguridade e o propio Alcalde, así como outros implicados moitas veces con supostos “informes” que non informan de nada ou fan a vista gorda nas obras ilegais e outros atropelos.

Vemos como as Obras denunciadas enchen os expedientes pero en ningún momento se paralizan. Cando se procede a “requirir” a paralización das mesmas, non se fai un seguimento e na realidade seguen adiante ata que son feitos consumados. Chegando á desfachatez de negarse a vir a levantar atestados, ata que cando, debido á insistencia teñen que acudir, néganse a proporcionar informes obxectivos da situación do camiño, así como medidas da ocupación ou calquera outro xeito de proba obxectiva. Sometendo á comunidade a unha total indefensión.

Todas estas actuacións CONDEAN a que unha comunidade sexa privada dos máis elementais dereitos de LIVRE CIRCULACIÓN.

Tendo en conta ademais que polo que “din os OCUPANTES” do vial, incluso ante os xuíces e nos documentos que cruzan có concello, son inducidos pola propia Policía Local a facer regos no mesmo que o fagan intransitable así como a aparcar sen deixar pasar os coches, xa que son os policías os que despois levantan “informes”.

15 roturas de rodas (incluso a Policía Local)

3 indemnizacións de danos por Sentencia Xudicial Firme

2 ataques denunciados no Xulgado con Pintura e outro líquido

4 ataques con patadas puñetazos e obxectos

Choques e roces continuos no retrovisor, llantas e laterais dos vehículos

Varios “atestados” levantados por danos nos vehículos pola Policía Local

E todos sucede nun tramo de aproximadamente 10 m, no que din os mesmos Axentes e técnicos do concello que “non se estorba en absoluto”, “que ben se pode pasar” e cousas polo estilo ríndose do que case un centenar de persoas, denunciaron no que vai de ano. Sen que polo de agora procederan contra ningunha das infraccións cometidas, que se saiba.

Concello de Naron - Punto negro desta Terra Galega

Concello de Narón: Se eles poden facelo, nós podemos denuncialo

Luns 19 Xuño, 2006

Estamos asistindo estes días ó desenvolvlemento da campaña electoral por parte do Alcalde de Narón en varios actos. Gustaríanos saber quen os financia xa que ó parecer non hai cartos para amaña-los camiños.

Mentres os problemas reais do Concello de Narón, polo menos os que nos afectan, non só están sen solucionar, senón que están agravados coa colaboración necesaria das “autoridades municipais” que se terían que encargar de arranxalos.

¡En ningún momento se procedeu (que nos saibamos o longo de todos estes anos) a tomar algunha medida contra os que ocupan o camiño do Vilar.! Senón que se colabora con eles atendendo a supostos informes da Policia Local que non imos xulgar só públicar para que cada un saque a súa propia conclusión.

Informe de la policía local del Ayuntamiento de Narón

A pesar de existir casi un cento de denuncias de particulares feitas este ano pola ocupación do camiño do Vilar, utilizando os vehículos, pedras e obras xa declaradas ilegais polo propio Concello de Narón, tanto o camiño como o baldío público, seguen ocupados.

A ocupación neste caso coa colaboración directa do concello, xa que é o Alcalde de Narón quen mandou poñé-las pedras utilizando un retranqueo de 1,40 desde un suposto eixo do camiño ambulante que ninguén delimitou nin acotou nunca.

Gustaríanos saber de que PLAN de Urbanismo quitou ese retranqueo e cal é a lei na que se basa o Alcalde de Narón para impedirlle o uso a toda a comunidade dunha propiedade pública poñéndoa a disposición dun particular, privatizándoa mediante a violencia que significa unha imposición de pedras (no único sitio dun camiño público no que se podían cruzar dous vehículos, sen homologar nen sinalizar e nunha curva con cambio de rasante) co conseguinte risco que esto entraña para os usuarios da vía pública.

Galería de acantilados e praias

Luns 19 Xuño, 2006
De novo seguindo coa liña de promover esta zona tan maltrada polo Concello de Narón hoxe incluimos dúas novas aportacións: un fondo de escritorio e unha nova galería de imaxes.

Fondo de escritorio: Concello de Narón - O Vilar estado de sitio

Outro dos atractivos turísticos da zona de O Vilar, son as súas paraxes costeiras. Magníficos acantilados, praias agochadas, e toda a forza do mar batendo contra eles.

MARBELLAS GALEGAS: CONCELLO de NARÓN

Sábado 8 Abril, 2006

O recente caso de Marbella destapa a caixa dos tronos sobre a situación de corrupción, desfachatez e impunidade na política local dos concellos ó longo de toda España. Cando alguén escoita esta noticia ten lugar o máis estremecedor do caso: que a ninguén lle extraña.

A calquera persoa que lle preguntes te dirá que eso é normal, que tiñan que ir ó seu concello de residencia ou un que esté ó lado e facer limpeza tamén, que tódolos políticos son iguais, que todos rouban, que existen comisións do 20% e que non se pode facer nada.

Estes serían os comentarios típicos que che faría calquera persoa residente hoxe en día en España. Unha maneira de pensar extensible á totalidade da poboación española. Un pensamento de que non se pode facer nada inculcado socialmente dende a máis tenra infancia para medrar e ser parte desta sociedade. Normalizamos unha situación que é completamente intolerable.

O seguinte comentario que che fai alguén con que fales sobre este tema é que agora haberá que ver que ocorre realmente, é dicir,como remata a cousa. Que o xuízo será de coña, que se botarán a culpa uns ós outros e non pasará nada, que ningún rematará na cadea nin recibirá xusto castigo polos seus delitos.

Eu resido no Concello de Narón e o caso de Marbella non me extraña. Deberían investigarse tódolos concellos con lupa, pero daría igual porque neste país nunca vai pasar nada.

Esto último é mentira, nunca vai pasar nada se ninguén nunca fai nada. Se se pelexa si. Ogallá que si.

Gato e diñeiro no Concello de Narón

¿CONCELLO de NARÓN, ou FINCA PRIVADA?

Sábado 25 Marzo, 2006

Resolto o expediente pola colocación de dous muros de pedras nun camiño público, dentro dunha curva sen visibilidade. Segundo o alcalde de Narón esto NON representa ningún perigo para a circulación:

Resolución dos Muros do Concello de Narón

Ante a citación do Alcalde de Narón no Xulgado para declarar sobre este tema, casi tres meses despois da ocupación, ordena ós infractores que retiren as pedras deixando libres 2,80 m.

De novo, o Alcalde de Narón quere pechar en falso un problema de OCUPACIÓN DUN CAMIÑO PÚBLICO NO CONCELLO DE NARÓN sen facer absolutamente nada contra esta ocupación, a pesar de recoñecela. Favorece, unha vez máis, ós que pretenden apropiarse de este camino utilizando ditos muros como elemento de coacción.

Os veciños de O Vilar queremos denunciar públicamente ó Alcalde de Narón por non defender e incluso ATACAR, a quen defende a propiedade pública, actuando coma se se tratara dunha finca privada.

Vistas dende Os Montes das Lagoas

Mércores 8 Marzo, 2006

Seguindo na liña de promove-la zona de O Vilar para que non quede relegada ó olvido, hoxe incluímos unha galería de Vistas dende Os Montes das Lagoas. Trátase dunha cadea de montes paralela á costa atlántica do Concello de Narón. En concreto as vistas están sacadas dende o monte baixo o cal se atopa O Vilar e pola súa posición ofrece unha magnífica perspectiva de toda a terra de Trasancos, Cobas e Valdoviño. Un lugar perfecto como mirador ou como obxectivo dunha ruta de sendeirismo.
En caso de visitalo teñan en conta a permisividade do Concello de Narón na ocupación de camiños públicos por estas zonas, será o principal inconvinte.

Galería de A Pena Molexa

Mércores 1 Marzo, 2006

Recentemente na nova web do Concello de Narón incluían unha ruta turística que pasaba por O Vilar. Nela falan dos precarios accesos que teñen estas zonas (non fai falta que o xuren), pero tamén incluían unha serie de erros (toponimia, etc) un dos cales nos gustaría arranxar dende aquí. Falan de A Pena Molexa, un lugar onde a lenda conta que se aparece unha doncela co solsticio de verán. A foto que vén na web do Concello como da Pena Molexa ten un pequeno erro: que son uns acantilados e a pena non está alí.

Por eso vémonos na obriga de incluir esta galería de fotos do lugar para tentar que esta zona non quede relegada ó olvido. Esperamos que disfruten dun dos atractivos desta zona esquecida da man do Concello de Narón.