Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

PARCELARIA VAL LAGO MEIRAS, ………………. CACICADAS … NON

Desde o primeiro momento, procuramos facer o seguimento do que se vai a facer có camiño e có baldío público, polos que tantos anos levamos loitando nesta zona en contra dos ocupantes e do concello de NARÓN. Sobre todo porque cando os que mandan neste pais non poden face-las cousas ILEGALMENTE dun xeito, sempre procuran facelas ILEGALMENTE de outro.

Cando se leva a cabo a fase de construción das vías principais, esta a nosa atención pendente da construción dunha delas, xusto a que ven desde a Pedreira ata o Vilar sobre o CAMIÑO PÚBLICO xa existente.

Comezada a construción, cal é a nosa sorpresa o ver que se parliza a uns 200 m das vivendas dos veciños directamente afectados pola ocupación do Camiño do Vilar. Este feito ponnos en garda polo que nos poñemos en contacto con ED-50 que é a compañía que leva nese intre a PARCELARIA, comunicándonos que “RECIBIRAN ORDES” non se sabe moi ben de QUEN, dito doutro xeito, NOS QUITABAN A PISTA (xa aprobada) PARA “DARNOS MELLOR SERVICIO” (e levala por outro sitio).

Paralelamente, atravesan de estacas e cintas a finca do Camiño do Vilar nº 1, sen consulta de ningún tipo, sabendo mais tarde a pretensión de desviar a pista que estaba aprobada nesta fase. Isto provoca a comunicación de que NON nos consideramos representados por ninguén xa que nunca participamos en nomeamento algún. Despois de moitas visitas de Técnicos da compañía e OUTROS, obrigamos a que se respecte (a legalidade) o trazado que ESTABA APROBADO e que se continúe 25 m para non illar á finca nº 2, do CAMIÑO PÚBLICO DO VILAR. Cando isto estáse a facer, un bo día desaparece a maquinaria do lugar, como anima que leva o demo (a resposta da empresa e que RECIBIRAN “ORDES” para non seguir polo camiño do Vilar ).

O funcionamento da PARCELARIA para os que non o saiban, é un tanto peculiar, xa que lle chaman reunión informativa ós amoreamentos masivos (que non se admitirían nin para ovellas) ós que se convoca ós propietarios. Ós que moitos chegamos coa impresión de ser o único que NON está enteirado de nada xa que outros parecen coñecer tódolos detalles con moitísima antelación. O asunto consiste en ir queimando cada unha das fases estipuladas oficialmente ou inventadas como é a fase actual, sen levantar moito po, XOGANDO A CAPRICHO COAS PROPIEDADES OU DEREITOS. E dicir como unha reminiscencia do mais PURO CACIQUISMO que algúns ilusos soñabamos abolido no pais.

Todo isto ven a colación porque despois de facer oportunamente alegacións (na FASE OFICIAL DE PROXECTO), estas non foron contestadas nin por escrito nin verbalmente polos técnicos consultados, obtendo como única resposta que PODEN FACER O QUE QUEIRAN.

Estando agora nunha fase que chaman de PROXECTO MODIFICADO que non existe como tal na lei da parcelaria, senón que parece (polo menos nesta zona) unha EXPROPIACIÓN ILEGAL FORZOSA que atende un desexo caciquil e caprichoso levado e plasmado tecnicamente pola empresa SIAL INGENIERIA que foi contratada para substituír a ED-50 mencionada anteriormente.

Estes temas foron consultados ós técnicos, sen obter ningunha resposta acreditada nin xustificada legalmente. Pensamos polo tanto que se está a facer un intento de utilización ILEGAL da PARCELARIA DO VAL, LAGO E MEIRÁS para NOVAMENTE INTENTAR DOUTRA MANEIRA QUITARNOS O CAMIÑO PÚBLICO DO VILAR asi coma o BALDÍO PÚBLICO, utilizando todo tipo de subterfuxios manipulacións, abusos, coaccións etc. desde o primeiro momento.
calexón vilar

Sen comentarios.