Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Sobre o incumprimento sistemático das resolucións da alcaldía e distracción de expedientes no Concello de Narón

Dende que comezou a ocupación ilegal do Camiño do Vilar, os veciños estamos denunciando cada unha das tropelías das que somos vítimas. O que nos levou a proceder con denuncias formais no concello de NARÓN cando tiñan que ver con calquera das concellarías do concello. Amais disto tivemos que facer fronte xudicialmente ós ocupadores do camiño cando as cousas tiñan directamente que ver coa nosa liberdade e seguridade. Tivemos noticias ademais de terceiros que se viron perigar e foron ameazados, insultados e sufriron danos nos seus vehículos. Supoñemos ademais que moitos mais veciños dun xeito ou doutro víronse involucrados de cheo ou salpicados có tema do CAMIÑO PÚBLICO DO VILAR.

Temos que partir da base que todos somos contribuíntes (e nos impoñen unhas cargas realmente onerosas a cada un dos que pagamos ), din que para manter o estado de dereito que temos acordado.

Vémonos na obriga de recordarlles, neste caso ó goberno municipal que non están gobernando o concello como se tiveran un cheque en BLANCO (e moito menos en negro) para dispor do patrimonio público como lles veña en gana. Xa sabemos que é difícil para os nostálxicos das ditaduras .., dos caciquismos .. e os acomplexados en xeral, entendelo e respectar os DEREITOS que temos os CONTRIBUÍNTES neste pais.

Por iso quixéramos reiterar unha vez máis:
  • Sr. ALCALDE, CUMPRA COAS RESOLUCIÓNS QUE VOSTEDE MESMO FIRMA.
  • Sr. CONCELLEIRO DE PATRIMONIO DEFENDA O QUE É DE TODOS.
  • Sr. CONCELLEIRO DE URBANISMO RESOLVA AS DENUNCIAS URBANÍSTICAS QUE TEN GARDADAS NO CAIXÓN.

Decátense que non lles pedimos ningún favor o que lles dicimos e que cumpran a súa encomenda. Se por algún accidente fáltalles algún papel, lembre que para iso estamos xa que me parece que nos, témolos todos.

Sen comentarios.