Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

O Totalitarismo no Concello de Narón

Dende hai dous anos os veciños do Vilar no Val, estamos esperando a que se execute a sentencia emitida pola Audiencia Provincial de A Coruña.

Quizais como Imbéciles ou Crédulos dun sistema xudicial que por forza obrígasenos a aceptar. Cansos de ver como se nos quere convencer de que as sentencias hai que cumprilas. Cando o que en realidade pasa e que esa obriga non debe ser para todos, EXECUTE DUNHA VEZ A SENTENZA Señoría ....

Paralelamente, o Alcalde de Narón (o mesmo que foi o responsable de Disciplina Urbanística do Concello de Narón en todos estes anos de irregularidades denunciadas), dicta resolucións onde se establece sen lugar a dúbidas, proceder coa liberación do CAMIÑO DO VILAR de pedras e varandas que dificultan ou impiden o paso polo mesmo. Por iso se pide permiso ó xulgado que o concede. O seguinte paso e nomear unha comisión encargada de proceder á liberación (ata iste punto chegouse moitas veces) onde non se chega e a que esta comisión proceda a cumprir coa resolución.

Na última resolución da alcaldía precisamente, e cando os encargados (un tal Ramos e outros) de libera-lo camiño en cumprimento da resolución do ALCALDE, proceden a todo o contrario e dicir a cementar por encima as pedras que o invaden consolidando deste xeito a OCUPACIÓN ILEGAL DUN CAMIÑO PÚBLICO (o A3 do catálogo de camiños de Narón) por parte dos que teñen a encomenda de velar polos dereitos de todos (CUMPRINDO E FACENDO CUMPRIR A LEI).

Ben ... cando menos iso é o que XURAN ó acceder ó cargo. Pero XURAR parece que que algúns XURAN O QUE FAGA FALLA e despois xa falaremos .....

O feito da cementación foi denunciado no seu día no concello de Narón mediante oportunas denuncias urbanísticas que tampouco foron contestadas nin atendidas que se saiba.

Vémonos novamente polo tanto na obriga de DENUNCIAR públicamente este reiterado ABUSO DE PODER por parte do ALCALDE DE NARÓN como máximo responsable do que entendemos un desprezo absoluto dos dereitos dos veciños e demais membros da comunidade por estar privados da liberdade de circulación nun camiño milenario xa que tamen forma parte da rede de camiños milenarios de Narón.

Pero NOS seguimos na brecha dispostos dentro das nosas posibilidades a proceder e denunciar tódolos chanchullos e tropelías que se cometan.

Blanco cementando

Sen comentarios.