Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Narón, a cidade sen lei

Unha nova agresión contra toda a comunidade no concello de Narón. Estes impresentables non vacilan no seu empeño de coaccionar a esta comunidade a fin de conseguir que este camiño milenario quede inutilizado para asi apoderarse do mesmo. Desde aquí novamente reafirmámonos en que non o van conseguir, é máis, cada día resulta máis utilizado por persoas e vehículos.

Por suposto foi feita a denuncia correspondente aínda que o que falla aquí non é que existan delincuentes, que iso sempre o haberá. O que falla son os que pensan que están nos seus cargos para forrarse e que, aparte de para cobrar, os cargos públicos só son para o seu lucro persoal.

Os que teñen que velar polo patrimonio de todos (cando menos para eso pagámoslles entre todos) os que teñen facer respectar a legalidade vixente (policias, xuíces, fiscais, alcaldes, concelleiros, ...), terían que responder nun estado de dereito por tódalas denuncias, expedientes, sentencias que o único que fan é sangrar ás vítimas dos atropelos dos que son obxecto sen solucionar para nada o tema denunciado.

O feito de mencionar eses cargos, e por que temos na nosa andaina probas e máis probas do que dicimos, expedientes de reposición da legalidade no caixón do funcionário de turno, centos de denuncias ás que non se lles fai o mais mínimo caso, sentencias xudiciais que non se executan, informes da fiscalía que o único que fan é despexar coma se o asunto non fose con eles e sentencias que desprezan os máis elementais dereitos das persoas.

Polo tanto desde aquí facemos o único que nos queda por facer que é denunciar publicamente que vivimos privados do ESTADO DE DEREITO que pagamos cos nosos impostos, sometidos a actuacións descaradas de makarras que parece que poden pisotear impunemente o dereitos dos cidadáns e moitas veces non só impunemente senón que axudados pola acción ou non-acción dos que teñen a obriga de garantilos.

Denuncia tronco obstrución vía

Sen comentarios.