Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

O Camiño de O Vilar publícase no Catálogo oficial de camiños públicos do Concello de Narón

Dende fai agora case 10 anos, Os veciños de O Vilar, levamos loitando pola defensa dun camiño milenario na parroquia de O Val, lugar de O Vilar (Vilar de arriba), ante os que querían apropriarse do mesmo para agrandar a súa propriedade. Felicitámonos con todo o Concello de Narón de que oficialmente o catálogo de camiños públicos de Narón, recolla definitivamente este camiño que leva desde os seus inicios sendo o protagonista deste sitio web. Isto non quere dicir que xa esté todo feito, senón que un dos pasos está dado e agora só resta que as demais autoridades implicadas, executen as sentenzas de forma completa (eliminando as construcións ilegais) e tomando medidas contra os que sistemáticamente actúan con total permisividade en feitos ilegais e moitas veces delitivos en contra dos dereitos de toda a comunidade.

QUEREMOS QUE SE NOS DEVOLVA O STATUS QUO!!

Por estar os feitos da ocupación denunciados e sentenciados polo Alcalde (polo menos en papeis), entendemos que debe liberarse por completo o camiño sen ningunha dilación e garantir que toda a comunidade poida disfrutar destas paraxes naturais libre e pacíficamente sen ter que soportar que nengunha  MAKARRADA os insulte e agreda inclusive cando están amañando as rodas que acaban de romper por culpa das trampas e impedimentos impostos na vía pública aleivosamente. Foto aérea de O Vilar

Sen comentarios.