Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Corrupción no Concello de Narón

Así remata un informe do Enxeñeiro de Camiños do Concello de Narón como complemento ao primeiro expediente do camiño do Vilar.

Cando unha persoa coñece o que se nos está a facer no camiño do Vilar coa... dicimos supervisión, pero tamén poderíamos dicir colaboración ou concomitancia que lle levarían a un Xuíz a CONDENAR por PREVARICACIÓN.

Cando os veciños pedimos que se libere o camiño, estamos dicindo que se libere todo, xa que a escritura da propiedade que presumen os ocupantes do camiño dixemos moitas veces que linda polo Leste (esta parte) e polo Oeste con Camiño.

Cando pedimos que se mida a propiedade ocupada por estes sabemos de antemán que están ocupando case o dobre da superficie especificada na escritura da súa propiedade.

Poñemos o extracto deste informe do Enxeñeiro para DENUNCIAR o coñecemento e participación descarada na entrega dunha propiedade pública que fai neste caso a Alcaldía de Narón a uns propietarios privados para o seu uso particular. Para eso O Alcalde de Narón como se deduce do informe non vacila en QUITARLLE á comunidade unha propiedade que viña usando desde tempo inmemorial (por ser a unión natural entre o Castro da Pedreira e o Castro de Vilasuso, na parroquia do Val).

Documento amosando un exemplo da corrupción do Concello de Narón

E un feito totalmente lamentable e firmemente pensamos que delictivo o que está cometendo a corporación municipal presidida polo Alcalde do concello de Narón.

Quitándonos as terras que son patrimonio público para regalarllas aos seus amigos.

Sen comentarios.



Deprecated: Function split() is deprecated in /home/content/b/a/l/balder/html/wordpress_gl/wp-includes/cache.php on line 199