Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Carta enviada ao Señor Director Xeral de Tráfico

Expoñen: Foto aérea de O Vilar no Concello de Narón

Dende o 2001, vimos denunciando, a ocupación da vía pública que accede aos nosos domicilios como consta en numerosas denuncias realizadas no Concello de Narón, mediante construccións ilegais que invaden a mesma, a colocación de pedras, ferros que se clavan na mesma, socabóns que se constrúen para impedir o paso e un longo etc.

Esto no só pon en perigo os nosos vehículos, senón a nosa integridade física, mediante o emprego de violencia tanto física como vexacións, insultos, ameazas, coaccións, feitos polos que sistemáticamente foron condeados os ocupantes da vía. Como mostra, diremos que por 3 ocasións foron condeados a indemnizar os danos ocasionados nos vehículos por sentencia xudicial firme.

A última fechoría, consiste en limitar o paso mediante o aparcamento malintencionado de vehículos que nos obrigan a circular fóra da vía (xa que está ocupada polos vehículos) nunha curva sen ningunha visibilidade cun pronunciado cambio de rasante. Feito que provoca que teñamos que circular sen saber por onde van pisando as rodas e rozando cos vehículos aparcados, como se pode comprobar nos 4 vehículos que circulan obrigatoriamente polo vial. Xa que a outra opción é caerse por un desnivel sen ningún tipo de firme situado a 4 m. sobre unha pista asfaltada.

Este feito foi denunciado varias veces no que vai de ano e por case un centenar de persoas que coñecéndoo, denunciarono por rexistro individual de entrada no Concello de Narón o ano pasado.

Estamos dende entón privados dos máis elementais dereitos no que a “libre circulación” se refire, ou simplemente a poder vivir en PAZ e LIBERDADE. Chegando esto a constituir para nós un grave problema de ORDE PÚBLICA.

Dicimos que privados dos máis elementais dereitos, porque:

  1. As veces que é requerida a Policía Nacional, dísenos que a eles non lles corresponde por tratarse dun camiño público baixo a competencia da Policía Local.
  2. A Garda Civil, entende tamén que é un vial dependente da Policía Local, Non obstante nos atenderon e explicaron que este vial tamén está sometido ao Regulamento (RD 1428/2003) de circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial.
  3. A Policía Local limítase a acudir (cando acuden) e obligarnos a pasar baixo calquera circunstancia (como se aprecia na foto, onde un conduce e outro dirixe a maniobra, en lugar de obligar a retirarse ao vehículo ocupante). Sen levantar atestado, ni medir a distancia e condicións nas que nos obliga a circular, so pena de retirar os nosos vehículos se non o facemos. Polo que nos vemos obrigados a circular nunha curva con cambio de rasante sen visibilidade e sobre un desnivel sen firme de 4 m. de altura, nun ancho menor de 2 m., sen que ata a data teñamos novas de ningún tipo de sanción aos ocupantes. Esto sométenos a unha total INDEFENSIÓN ao ser amparadas as infraccións polos que teñen obrigación de impedilas, FACENDO CASO OMISO AO CITADO REGULAMENTO.
  4. O Alcalde de Narón, que presume a máxima autoridade nesta materia no punto que nos ocupa, permítese o luxo de inventarse unha medida de 2,8 m. que non se basa en ningún documento ou feito obxectivo permitindo poñer grandes pedras aos ocupantes con esta separación tendo en conta que tanto o vial como o terreno colindante nesos puntos é público. Polo que entendemos trátase dunha medida ILEGAL (prohibida expresamente no regulamento mencionado), INXUSTA (porque a vimos denunciando os usuarios da vía sistemáticamente) e ARBITRARIA porque non ten ningún fundamento de dereito. De ningunha maneira se pode antepoñer primando a pretendida protección dunha bodega ou fosa séptica, .. á liberdade das personas ou ao menoscabo da súa integridade física.

Solicitan:

  1. Que se requira a Narón para que se aplique o citado regulamento (Real Decreto 1428/2003) dado que a lei é para que a cumplan todos e moito máis os que teñen obrigación de “cumplila e facela cumplir” como son o Alcalde, concelleiros encargados, mandos e números da Policía Local.
  2. Requerir ao Alcalde para eliminar os obstáculos interpostos na vía e as súas inmediacións como indica o artigo 4 e 5 en varios apartados.
  3. Prohibir o aparcamento de vehículos expresamente, en curvas, cambios de rasante ou a menos de 3 m. de cualquer obstáculo e sobre todo dentro do vial como se indica no citado Regulamento (91.2.a,i,m).
  4. Requerir a obligatoriedade, á Policía Local de levantar atestados e informes obxectivos, con medidas da situación e proceder de ser o caso a impoñer sancións por moi amigos que sexan dos infractores (93.2).

Entendemos que la obrigatoriedade de cumplir a lei é para todos como explícitamente di o RD 1428/2003, no seu artigo 93

2. En ningún caso poderán as ordenanzas municipais opoñerse, alterar, desvirtuar ou inducir a confusión cos preceptos deste Regulamento.

Esperando tome las medidas oportunas que na súa man estén para axudarnos a resolver este grave problema de Orde Pública. Foto aérea de O Vilar no Concello de Narón

Sen comentarios.