Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

O Vilar Punto Negro desta Terra Galega no Concello de Narón

Máis de 30 accidentes acreditados

Dende fai máis de un lustro, os veciños do Vilar e outros usuarios da vía, vimos denunciando o atropelo de que somos obxecto por parte de toda a liña de “autoridades” do Concello de Narón dende a Policía Local pasando por tódolos seus mandos, o concelleiro responsable da seguridade e o propio Alcalde, así como outros implicados moitas veces con supostos “informes” que non informan de nada ou fan a vista gorda nas obras ilegais e outros atropelos.

Vemos como as Obras denunciadas enchen os expedientes pero en ningún momento se paralizan. Cando se procede a “requirir” a paralización das mesmas, non se fai un seguimento e na realidade seguen adiante ata que son feitos consumados. Chegando á desfachatez de negarse a vir a levantar atestados, ata que cando, debido á insistencia teñen que acudir, néganse a proporcionar informes obxectivos da situación do camiño, así como medidas da ocupación ou calquera outro xeito de proba obxectiva. Sometendo á comunidade a unha total indefensión.

Todas estas actuacións CONDEAN a que unha comunidade sexa privada dos máis elementais dereitos de LIVRE CIRCULACIÓN.

Tendo en conta ademais que polo que “din os OCUPANTES” do vial, incluso ante os xuíces e nos documentos que cruzan có concello, son inducidos pola propia Policía Local a facer regos no mesmo que o fagan intransitable así como a aparcar sen deixar pasar os coches, xa que son os policías os que despois levantan “informes”.

15 roturas de rodas (incluso a Policía Local)

3 indemnizacións de danos por Sentencia Xudicial Firme

2 ataques denunciados no Xulgado con Pintura e outro líquido

4 ataques con patadas puñetazos e obxectos

Choques e roces continuos no retrovisor, llantas e laterais dos vehículos

Varios “atestados” levantados por danos nos vehículos pola Policía Local

E todos sucede nun tramo de aproximadamente 10 m, no que din os mesmos Axentes e técnicos do concello que “non se estorba en absoluto”, “que ben se pode pasar” e cousas polo estilo ríndose do que case un centenar de persoas, denunciaron no que vai de ano. Sen que polo de agora procederan contra ningunha das infraccións cometidas, que se saiba.

Concello de Naron - Punto negro desta Terra Galega

Sen comentarios.