Concello de Narón: O Vilar, estado de sitio
 
 

Corrupción no Concello de Narón

Martes 16 Outubro, 2007

Así remata un informe do Enxeñeiro de Camiños do Concello de Narón como complemento ao primeiro expediente do camiño do Vilar.

Cando unha persoa coñece o que se nos está a facer no camiño do Vilar coa… dicimos supervisión, pero tamén poderíamos dicir colaboración ou concomitancia que lle levarían a un Xuíz a CONDENAR por PREVARICACIÓN.

Cando os veciños pedimos que se libere o camiño, estamos dicindo que se libere todo, xa que a escritura da propiedade que presumen os ocupantes do camiño dixemos moitas veces que linda polo Leste (esta parte) e polo Oeste con Camiño.

Cando pedimos que se mida a propiedade ocupada por estes sabemos de antemán que están ocupando case o dobre da superficie especificada na escritura da súa propiedade.

Poñemos o extracto deste informe do Enxeñeiro para DENUNCIAR o coñecemento e participación descarada na entrega dunha propiedade pública que fai neste caso a Alcaldía de Narón a uns propietarios privados para o seu uso particular. Para eso O Alcalde de Narón como se deduce do informe non vacila en QUITARLLE á comunidade unha propiedade que viña usando desde tempo inmemorial (por ser a unión natural entre o Castro da Pedreira e o Castro de Vilasuso, na parroquia do Val).

Documento amosando un exemplo da corrupción do Concello de Narón

E un feito totalmente lamentable e firmemente pensamos que delictivo o que está cometendo a corporación municipal presidida polo Alcalde do concello de Narón.

Quitándonos as terras que son patrimonio público para regalarllas aos seus amigos.

Carta enviada ao Señor Director Xeral de Tráfico

Mércores 9 Maio, 2007

Expoñen: Foto aérea de O Vilar no Concello de Narón

Dende o 2001, vimos denunciando, a ocupación da vía pública que accede aos nosos domicilios como consta en numerosas denuncias realizadas no Concello de Narón, mediante construccións ilegais que invaden a mesma, a colocación de pedras, ferros que se clavan na mesma, socabóns que se constrúen para impedir o paso e un longo etc.

Esto no só pon en perigo os nosos vehículos, senón a nosa integridade física, mediante o emprego de violencia tanto física como vexacións, insultos, ameazas, coaccións, feitos polos que sistemáticamente foron condeados os ocupantes da vía. Como mostra, diremos que por 3 ocasións foron condeados a indemnizar os danos ocasionados nos vehículos por sentencia xudicial firme.

A última fechoría, consiste en limitar o paso mediante o aparcamento malintencionado de vehículos que nos obrigan a circular fóra da vía (xa que está ocupada polos vehículos) nunha curva sen ningunha visibilidade cun pronunciado cambio de rasante. Feito que provoca que teñamos que circular sen saber por onde van pisando as rodas e rozando cos vehículos aparcados, como se pode comprobar nos 4 vehículos que circulan obrigatoriamente polo vial. Xa que a outra opción é caerse por un desnivel sen ningún tipo de firme situado a 4 m. sobre unha pista asfaltada.

Este feito foi denunciado varias veces no que vai de ano e por case un centenar de persoas que coñecéndoo, denunciarono por rexistro individual de entrada no Concello de Narón o ano pasado.

Estamos dende entón privados dos máis elementais dereitos no que a “libre circulación†se refire, ou simplemente a poder vivir en PAZ e LIBERDADE. Chegando esto a constituir para nós un grave problema de ORDE PÚBLICA.

Dicimos que privados dos máis elementais dereitos, porque:

  1. As veces que é requerida a Policía Nacional, dísenos que a eles non lles corresponde por tratarse dun camiño público baixo a competencia da Policía Local.
  2. A Garda Civil, entende tamén que é un vial dependente da Policía Local, Non obstante nos atenderon e explicaron que este vial tamén está sometido ao Regulamento (RD 1428/2003) de circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial.
  3. A Policía Local limítase a acudir (cando acuden) e obligarnos a pasar baixo calquera circunstancia (como se aprecia na foto, onde un conduce e outro dirixe a maniobra, en lugar de obligar a retirarse ao vehículo ocupante). Sen levantar atestado, ni medir a distancia e condicións nas que nos obliga a circular, so pena de retirar os nosos vehículos se non o facemos. Polo que nos vemos obrigados a circular nunha curva con cambio de rasante sen visibilidade e sobre un desnivel sen firme de 4 m. de altura, nun ancho menor de 2 m., sen que ata a data teñamos novas de ningún tipo de sanción aos ocupantes. Esto sométenos a unha total INDEFENSIÓN ao ser amparadas as infraccións polos que teñen obrigación de impedilas, FACENDO CASO OMISO AO CITADO REGULAMENTO.
  4. O Alcalde de Narón, que presume a máxima autoridade nesta materia no punto que nos ocupa, permítese o luxo de inventarse unha medida de 2,8 m. que non se basa en ningún documento ou feito obxectivo permitindo poñer grandes pedras aos ocupantes con esta separación tendo en conta que tanto o vial como o terreno colindante nesos puntos é público. Polo que entendemos trátase dunha medida ILEGAL (prohibida expresamente no regulamento mencionado), INXUSTA (porque a vimos denunciando os usuarios da vía sistemáticamente) e ARBITRARIA porque non ten ningún fundamento de dereito. De ningunha maneira se pode antepoñer primando a pretendida protección dunha bodega ou fosa séptica, .. á liberdade das personas ou ao menoscabo da súa integridade física.

Solicitan:

  1. Que se requira a Narón para que se aplique o citado regulamento (Real Decreto 1428/2003) dado que a lei é para que a cumplan todos e moito máis os que teñen obrigación de “cumplila e facela cumplir†como son o Alcalde, concelleiros encargados, mandos e números da Policía Local.
  2. Requerir ao Alcalde para eliminar os obstáculos interpostos na vía e as súas inmediacións como indica o artigo 4 e 5 en varios apartados.
  3. Prohibir o aparcamento de vehículos expresamente, en curvas, cambios de rasante ou a menos de 3 m. de cualquer obstáculo e sobre todo dentro do vial como se indica no citado Regulamento (91.2.a,i,m).
  4. Requerir a obligatoriedade, á Policía Local de levantar atestados e informes obxectivos, con medidas da situación e proceder de ser o caso a impoñer sancións por moi amigos que sexan dos infractores (93.2).

Entendemos que la obrigatoriedade de cumplir a lei é para todos como explícitamente di o RD 1428/2003, no seu artigo 93

2. En ningún caso poderán as ordenanzas municipais opoñerse, alterar, desvirtuar ou inducir a confusión cos preceptos deste Regulamento.

Esperando tome las medidas oportunas que na súa man estén para axudarnos a resolver este grave problema de Orde Pública.

Foto aérea de O Vilar no Concello de Narón

O rural do Concello de Narón ponse en pé na nosa Terra Galega

Mércores 28 Marzo, 2007
Concello de Naron - Manifestación polo alcantarillado

O pasado día 25 de marzo, tivo lugar no concello de Narón unha grande mobilización dos veciños en contra da actuación DESPÓTICA deste alcalde que temos que padecer.

Tendo en conta que moitos dos participantes na mesma era a primeira vez na súa vida que asistían a unha manifestación.

O que quedou claro e o DESPOTISMO e PREPOTENCIA do ALCALDE en contra da zona rural de Narón como así o manifesta a desproporción que hai na TAXA que se quere IMPOÑER ós veciños que non ten nada que ver e case que triplica a máis alta IMPOSTA en tódolos concellos da BISBARRA. Ó mellor, se confunde de CAZO e pensa que o CAZO que levan as escavadoras que fan o alcantarillado, ten que sacar cartos da terra como din as malas linguas que sacan outros CAZOS.

Neste concello e mentres dure o actual equipo que o goberna, na ZONA RURAL de NARÓN estaremos condenados a padecer ARBITRARIEDADES pois xa lle temos escoitado frases ó alcalde como “teñen moito capitalâ€, “compraron barato†ou “ben poden pagar†etc.. Como nun intento íntimo de apropiarse do que nos pertence, para poder especular a pracer coas nosas propiedades ENVEXANDO TODO O QUE NON LLE PERTENCE A ÉL EXCLUSIVAMENTE.

Só lle interesan os “GRANDES NEGOCIOS†e dilucidar có concello de Ferrol “a ver quen a ten máis grande†empeñando os impostos de TODOS nunha liorta persoal: competindo en CONSTRUCCIÓNS FARAÓNICAS que poidan ser inauguradas “OPORTUNAMENTE†POR EXEMPLO NAS ELECCIÓNS.

Mentres no resto do concello temos que transitar por CAMIÑOS SEN ASFALTAR, SEN ALUMEADO NOS MESMOS, SEN ALCANTARILLADO, LEVANDO O LIXO NO LOMBO CASE QUE A OUTROS CONCELLOS, SOPORTANDO EMPRESAS CONTAMINANTES QUE NOS ROUBAN A VIDA ………..


O Vilar Punto Negro desta Terra Galega no Concello de Narón

Mércores 29 Novembro, 2006

Máis de 30 accidentes acreditados

Dende fai máis de un lustro, os veciños do Vilar e outros usuarios da vía, vimos denunciando o atropelo de que somos obxecto por parte de toda a liña de “autoridades†do Concello de Narón dende a Policía Local pasando por tódolos seus mandos, o concelleiro responsable da seguridade e o propio Alcalde, así como outros implicados moitas veces con supostos “informes†que non informan de nada ou fan a vista gorda nas obras ilegais e outros atropelos.

Vemos como as Obras denunciadas enchen os expedientes pero en ningún momento se paralizan. Cando se procede a “requirir†a paralización das mesmas, non se fai un seguimento e na realidade seguen adiante ata que son feitos consumados. Chegando á desfachatez de negarse a vir a levantar atestados, ata que cando, debido á insistencia teñen que acudir, néganse a proporcionar informes obxectivos da situación do camiño, así como medidas da ocupación ou calquera outro xeito de proba obxectiva. Sometendo á comunidade a unha total indefensión.

Todas estas actuacións CONDEAN a que unha comunidade sexa privada dos máis elementais dereitos de LIVRE CIRCULACIÓN.

Tendo en conta ademais que polo que “din os OCUPANTES†do vial, incluso ante os xuíces e nos documentos que cruzan có concello, son inducidos pola propia Policía Local a facer regos no mesmo que o fagan intransitable así como a aparcar sen deixar pasar os coches, xa que son os policías os que despois levantan “informesâ€.

15 roturas de rodas (incluso a Policía Local)

3 indemnizacións de danos por Sentencia Xudicial Firme

2 ataques denunciados no Xulgado con Pintura e outro líquido

4 ataques con patadas puñetazos e obxectos

Choques e roces continuos no retrovisor, llantas e laterais dos vehículos

Varios “atestados†levantados por danos nos vehículos pola Policía Local

E todos sucede nun tramo de aproximadamente 10 m, no que din os mesmos Axentes e técnicos do concello que “non se estorba en absolutoâ€, “que ben se pode pasar†e cousas polo estilo ríndose do que case un centenar de persoas, denunciaron no que vai de ano. Sen que polo de agora procederan contra ningunha das infraccións cometidas, que se saiba.

Concello de Naron - Punto negro desta Terra Galega

Concello de Narón: Se eles poden facelo, nós podemos denuncialo

Luns 19 Xuño, 2006

Estamos asistindo estes días ó desenvolvlemento da campaña electoral por parte do Alcalde de Narón en varios actos. Gustaríanos saber quen os financia xa que ó parecer non hai cartos para amaña-los camiños.

Mentres os problemas reais do Concello de Narón, polo menos os que nos afectan, non só están sen solucionar, senón que están agravados coa colaboración necesaria das “autoridades municipais†que se terían que encargar de arranxalos.

¡En ningún momento se procedeu (que nos saibamos o longo de todos estes anos) a tomar algunha medida contra os que ocupan o camiño do Vilar.! Senón que se colabora con eles atendendo a supostos informes da Policia Local que non imos xulgar só públicar para que cada un saque a súa propia conclusión.

Informe de la policía local del Ayuntamiento de Narón

A pesar de existir casi un cento de denuncias de particulares feitas este ano pola ocupación do camiño do Vilar, utilizando os vehículos, pedras e obras xa declaradas ilegais polo propio Concello de Narón, tanto o camiño como o baldío público, seguen ocupados.

A ocupación neste caso coa colaboración directa do concello, xa que é o Alcalde de Narón quen mandou poñé-las pedras utilizando un retranqueo de 1,40 desde un suposto eixo do camiño ambulante que ninguén delimitou nin acotou nunca.

Gustaríanos saber de que PLAN de Urbanismo quitou ese retranqueo e cal é a lei na que se basa o Alcalde de Narón para impedirlle o uso a toda a comunidade dunha propiedade pública poñéndoa a disposición dun particular, privatizándoa mediante a violencia que significa unha imposición de pedras (no único sitio dun camiño público no que se podían cruzar dous vehículos, sen homologar nen sinalizar e nunha curva con cambio de rasante) co conseguinte risco que esto entraña para os usuarios da vía pública.

Galería de acantilados e praias

Luns 19 Xuño, 2006

De novo seguindo coa liña de promover esta zona tan maltrada polo Concello de Narón hoxe incluimos dúas novas aportacións: un fondo de escritorio e unha nova galería de imaxes.

Fondo de escritorio: Concello de Narón - O Vilar estado de sitio

Outro dos atractivos turísticos da zona de O Vilar, son as súas paraxes costeiras. Magníficos acantilados, praias agochadas, e toda a forza do mar batendo contra eles.

MARBELLAS GALEGAS: CONCELLO de NARÓN

Sábado 8 Abril, 2006

O recente caso de Marbella destapa a caixa dos tronos sobre a situación de corrupción, desfachatez e impunidade na política local dos concellos ó longo de toda España. Cando alguén escoita esta noticia ten lugar o máis estremecedor do caso: que a ninguén lle extraña.

A calquera persoa que lle preguntes te dirá que eso é normal, que tiñan que ir ó seu concello de residencia ou un que esté ó lado e facer limpeza tamén, que tódolos políticos son iguais, que todos rouban, que existen comisións do 20% e que non se pode facer nada.

Estes serían os comentarios típicos que che faría calquera persoa residente hoxe en día en España. Unha maneira de pensar extensible á totalidade da poboación española. Un pensamento de que non se pode facer nada inculcado socialmente dende a máis tenra infancia para medrar e ser parte desta sociedade. Normalizamos unha situación que é completamente intolerable.

O seguinte comentario que che fai alguén con que fales sobre este tema é que agora haberá que ver que ocorre realmente, é dicir,como remata a cousa. Que o xuízo será de coña, que se botarán a culpa uns ós outros e non pasará nada, que ningún rematará na cadea nin recibirá xusto castigo polos seus delitos.

Eu resido no Concello de Narón e o caso de Marbella non me extraña. Deberían investigarse tódolos concellos con lupa, pero daría igual porque neste país nunca vai pasar nada.

Esto último é mentira, nunca vai pasar nada se ninguén nunca fai nada. Se se pelexa si. Ogallá que si.

Gato e diñeiro no Concello de Narón

¿CONCELLO de NARÓN, ou FINCA PRIVADA?

Sábado 25 Marzo, 2006

Resolto o expediente pola colocación de dous muros de pedras nun camiño público, dentro dunha curva sen visibilidade. Segundo o alcalde de Narón esto NON representa ningún perigo para a circulación:

Resolución dos Muros do Concello de Narón

Ante a citación do Alcalde de Narón no Xulgado para declarar sobre este tema, casi tres meses despois da ocupación, ordena ós infractores que retiren as pedras deixando libres 2,80 m.

De novo, o Alcalde de Narón quere pechar en falso un problema de OCUPACIÓN DUN CAMIÑO PÚBLICO NO CONCELLO DE NARÓN sen facer absolutamente nada contra esta ocupación, a pesar de recoñecela. Favorece, unha vez máis, ós que pretenden apropiarse de este camino utilizando ditos muros como elemento de coacción.

Os veciños de O Vilar queremos denunciar públicamente ó Alcalde de Narón por non defender e incluso ATACAR, a quen defende a propiedade pública, actuando coma se se tratara dunha finca privada.