|
|
Vivir no Concello de Narón... |
| |
|
Veciños do concello de Narón, viven dende hai máis de 4 anos un estado de sitio por estar ocupado o camiño público que constitúe o único acceso transitable ás súas vivendas, co coñecemento e a permisividade do concello de Narón dende o comezo da ocupación.
|
¡¡Nunca se paralizou ningunha obra ilegal por parte do concello!!
|
A pesar de tódalas evidencias, as denuncias convértense en papeis arquivados nun groso expediente no concello de Narón e mentras os veciños afectados vémonos privados do dereito de libre circulación e polo tanto de PRIVACIÓN DO ESTADO DE DEREITO.
Paralelamente somos sistemáticamente agredidos, coaccionados, insultados e acosados diariamente polos veciños que pretenden apropiarse da vía pública. Incluindo: agresións con sachos, palas de albanel ou puñetazos e patadas contra os nosos vehículos etc, etc... Estes son feitos sobradamente acreditados nun grande número de sentencias públicas e condenatorias dos diferentes xulgados de Narón, Ferrol e Audiencia Provincial de Coruña.
Do mesmo xeito impídese dende fai catro anos o paso de vehículos de suministro de certo porte, ambulancias e coches de bombeiros ás vivendas desta zona, co grave risco que esto conleva.
|
|
Invitámoslle a achegarse a través das descricións, vídeos e imaxes desta web ó inferno polo que os veciños ocupadores e a non acción do concello de Narón nos obligan a ter que pasar cada día para poder entrar ou sair das nosas casas...
|
|
| 1. Os inicios... |
2. Un coche calquera... |
3. A día de hoxe... |
|
|
|
(Pulse sobre as imaxes para ampliar)
|
|
|
¿ONDE ESTÁ O ESTADO DE DEREITO ?
¿POR QUE O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE NARÓN NON SE ENFRONTA ÓS OCUPADORES?
¿EN QUE CLASE DE TROCO SE NOS USA COMO MOEDA DE CAMBIO?
|